Nove medallas para o equipo de kickboxing da Escola Madokoan

O equipo de Kickboxing da escola Madokoan voltou do campionato galego con notables triunfos. Lorena da Silva trouxo dous ouros en kicklight e lightcontact; Alberto Alonso, ouro e bronce respectivamente; Marcial Sánchez, prata e bronce; Uxía Teixeira, ouro e prata e Roi Dae-in, bronce en kicklight. Parabéns para este equipo!