Prosiguen as medidas preventivas polo coronavirus no concello do Carballiño

Por iso continúan coa desinfección de rúas e espazos públicos na vila, así como fóra do casco urbano e ata as parroquias.

O venres pola noite levouse a cabo outra labor importante de desinfección de rúas e espazos públicos da vila, ampliando o ámbito de traballo ata parroquias como Señorín, Mesego e Arcos, así como en rúas de fóra do casco urbano.

AVANTAR ACTIVIDADES

Este proceso de desinfección realízase con moita efectividade gracias a dous tractores que cederon desinteresadamente empresas vitivinícolas da zona do Ribeiro, e tamén gracias á colaboración, por segunda semana, do tractorista “Peleteiro”, da Adega Casal de Armán.

O Concello do Carballiño agradece estas colaboracións, totalmente solidarias, que supoñen un gran avance nos traballos de desinfección de rúas e espazos públicos do Carballiño, enmarcados dentro das medidas preventivas polo coronavirus. Hoxe volveron a desinfectar, entre outros lugares, na residencia de maiores do Cornuval

VIDEO