Borrador de orzamentos do Concello do Carballiño

Aínda que o actual grupo de goberno no concello ten maioría absoluta, os orzamentos para o ano 2020 facíanse de rogar, pero por fin xa temos borrador.

Publicidade

O máis destacado no capitulo de GASTOS ven no Capitulo I que corresponde a Gastos de Personal, pasando de 3.632.283,02 € en 2019 a 4.128.477,94€ en 2020 o cal supón un incremento de 496.194,92 € . Un aumento do 13,66 %

Outro capitulo importante é o de INVERSIÓNS, que pasa dun gasto de 571.627,23 € en 2019 a 285.518,00 € en 2020 o que supón 286.109,04 € menos, case a metade.

No capítulo de INGRESOS por importe de 9.496.515,91 € destacar os Capitulos I onde figuran os ingresos por IBI 2.168.653,28 € .

En todo caso no seguinte PDF pódense ver con máis detalle tódalas partidas.

PDF de INGRESOS