Nota de Prensa do Psdeg-Psoe de Ourense

O PSDEG-PSOE DENUNCIA A BALTAR POR USAR A DEPUTACIÓN DE OURENSE COMO SE FORA UN ANEXO DA SEDE DO PP PARA DIFUNDIR PROPAGANDA ELECTORAL

A web e as redes sociais institucionais da Deputación publican mensaxes atacando ao PSOE logo de “ser pillados outra vez coas mans amasando irregularidades polas que o PP xa foi condenado”

AVANTAR ACTIVIDADES

Os socialistas salientan que a Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral e a xurisprudencia prohiben estas prácticas “vergoñentas” que “prexudican claramente á democracia e ás institucións públicas”

O PSdeG-PSOE vén de denunciar a Manuel Baltar ante a xunta electoral polo “uso partidista e propagandístico” da páxina web e das redes sociais oficiais da Deputación de Ourense, logo de que o goberno bipartito de PP e DO estea a empregar estes espazos institucionais para facer campaña electoral e difundir falsedades. Concretamente, o goberno provincial publicou o día 10 de xuño na web www.depourense.es, unha extensa nota titulada “O PSOE de Ourense, en contra dos autónomos”, tanto na portada principal como nunha entrada propia, que “pouco ten que ver co carácter institucional que debe ter estes espazos informativos”. Así mesmo, as contas oficiais en redes sociais difundiron publicacións coa mesma mensaxe.

empregar á Deputación de Ourense como se fora un anexo da sede do PP para difundir propaganda electoral polo temor a unha nova desfeita electoral”, advirten antes de recordar que “volveron ser pillados coas mans amasando irregularidades polas que o PP xa foi condenado nos tribunais”. Ante estes feitos piden a intervención da autoridade electoral xudicial e demandan a Baltar que “cese no seu empeño de manchar as institucións co único fin de ser o campión mundial do caciquismo en todas as eleccións, ultimamente con maior intensidade que nunca logo de ver como lle tremeu a cadeira que herdou do seu pai tras perder máis de 30.000 votos na provincia desde que é presidente”