O BOP PUBLICA AS BASES PARA A CONTRATACIÓN DA BRIGADA DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS EN SAN AMARO

O BOP publica as bases de selección para a contratación laboral temporal, a xornada completa, de cinco traballadores/as para o servizo denominado “Brigada de prevención e defensa contra incendios forestais” ao abeiro do Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de San Amaro para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais”. O soldo de xefe de brigada de 1.200,00 euros brutos mensuais, do peón-condutor 1.050,00 euros brutos e o dos peóns de 950,01 euros brutos mensuais, incluíndo a parte proporcional das pagas extras. A duración do contrato será de tres meses. Os requisitos, as probas e o modelo de instancia para acceder a estes postos veñen recollidos nestas bases.