A Feira do Stock adianta a súa data para coincidir ca Festa do Pulpo

IES CHAMOSO LAMAS

A fin de semana da Festa do Pulpo do Carballiño, dende o venres 6 de 18:00 h a 22:00 h, e sábado 7 e domingo 8 de agosto, de 11h a 14h e de 17:00h a 22:00h na Praza Maior, terá lugar a Feira do Stock do Carballiño por primeira vez adiantada no calendario.

Será unha edición especial da Feira de oportunidades dos comercios locais de Carballiño Centro Comercial Aberto, onde se ofertarán produtos de todos os sectores.

OFERTA DE TRABALLO EN AVIÓN

Nesta ocasión, coa premisa de manter todas as medidas de seguridade, haberá tres grandes carpas, ca entrada e saída delimitada e con control de aforo.