O grupo de teatro Tiruleque retoma as actuacións o domingo

O Grupo de Teatro quere continuar cas actividades a prol da cultura no Carballiño, esteamos ou non confinados, e dado que traballan no eido do teatro, aseguran que o seu propósito é continuar coas actuacións que no seu momento quedaron adiadas a solicitude do Concello. Polo tanto, os Circuítos Galegos de Teatro Afeccionado teñen a súa continuidade o vindeiro domingo, 18 de outubro.

Ofrecerán a obra CHICAGO KILLERS a cargo de Atrezo Teatro, ás 20:30 horas no Auditorio Manuel María do Carballiño, con aforo restrinxido a menos do 19%, xa que soamente se habilitarán 78 butacas das 420 que ten autorizadas o Auditorio, e con todas as medidas de prevención adecuadas.

AVANTAR ACTIVIDADES