Hoxe comeza un mes de actividades físicas e emocionas para mulleres do rural

IES CHAMOSO LAMAS

“Encontros de saúde física e emocional para mulleres” é o título do taller que se comeza a desenvolver e estará en marcha durante cinco sesións en diferentes parroquias do rural do Carballiño, destinado ás mulleres.

Os horarios serán os martes (26 de outubro, 2 de novembro, 9 de novembro, 16 de novembro e 23 de novembro), ás 15:30 no local social de Santa Uxía de Lobás, para as parroquias de Pol, Piteira e Santa Uxía; e ás 18:00 horas no local de Arcos, para as parroquias de Seoane, Uceira e Arcos.

HIPER MASIDE

Os mércores (27 de outubro, 3 de novembro, 10 de novembro, 17 de novembro e 24 de novembro) primeiro no de Mudelos, para as parroquias de Veiga, Madarnás e Mudelos; e logo no Bo Día Familia do Carballiño.

E os xoves (28 de outubro, 4 de novembro, 11 de novembro, 18 de novembro e 25 de novembro), primeiro en Sagra, para as parroquias de Mesego, Banga, Cabanelas e Sagra; e logo no Torrón, para as parroquias de Señorín, Partovia e Torrón.