O Psedg consegue paralizar o embargo da pensión alemá dun retornado de ourense

O PSdeG-PSOE de Ourense, a través da súa secretaría provincial de Emigración en funcións, consegue paralizar o embargo da pensión alemá a un retornado de Ourense, por non facer caso ao requirimento da Axencia Tributaria alemá de tributar polo 5 por cento da súa pensión xermana respecto dos anos 2017-2020. “A débeda tributaria ascendía a preto de 1000 euros e dado que a persoa afectada está incapacitada, a familia descoñecía esa obrigación de pago, crendo ao estar exenta en España que tamén o era automaticamente en Alemaña”, explica Luís Gulín.

Gulín púxose en contacto co Finanzamt Neubrandenburg, o organismo fiscalizador xermano, dado que o retornado “só percibe pensión alemá”. “Explicando o caso e documentando a situación, o organismo fiscal xermano  acepta como causa de exención tributaria a incapacidade xudicial decretada en España, enviando a sentenza española correspondente”, indica o secretario provincial de emigración en funcións, que tamén apunta que “a Facenda de Alemaña lembra que eles non teñen acceso a eses datos en España, por ese motivo hai que solicitar e acreditar expresamente estas situacións”.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ao mesmo tempo a área provincial de Emigración do PSdeG-PSOE de Ourense xestionou para o mesmo emigrante retornado a recuperación dunha pensión complementaria da empresa, unha coñecida marca alemá de electrodomésticos. “A xestora dos fondos de pensións non abonara para os anos 2020-2021 uns 350 euros anuais, ao non enviar a familia de oficio a preceptiva fe de vida, obrigatoria agora en Alemaña desde xaneiro de 2019”, explicou Gulín.

O PSdeG-PSOE de Ourense mostra unha vez máis a súa “competencia social” en solucionar os problemas da emigración e dos colectivos de retornados na provincia de Ourense.