Plácido Álvarez é elixido deputado provincial polos edís dos concellos pertencentes á Xunta Electoral de Zona de Bande

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

 O alcalde de Muíños, Plácido Álvarez, foi elixido esta mañá deputado provincial despois de ser votado polos edís populares dos concellos pertencentes á Xunta Electoral de Zona (XEZ) de Bande. 

Deste xeito, Plácido Álvarez formará parte da corporación provincial para o mandato 2023-2027 dentro do grupo popular, tomando posesión da súa acta de deputado na sesión de investidura da corporación provincial que se celebrará no mes de xullo. 

COMERCIAL ORCELLÓN

Plácido Álvarez resaltou o seu agradecemento por volver a formar parte da corporación provincial por parte da XEZ de Bande, integrada polos concellos da Baixa Limia -Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños- e Padrenda, Calvos de Randín e Verea. “É unha profunda honra ser de novo elixido deputado polos meus compañeiros. Sen dúbida, esta designación é unha gran responsabilidade, e me impulsa a traballar con aínda máis forza e compromiso por este territorio e por toda a provincia de Ourense”. 

Deputado dende 2003 e vicepresidente dende 2009, o alcalde de Muíños remarca a necesidade de continuar afondando nas liñas estratéxicas da Deputación de Ourense, co obxectivo de desenvolver novas iniciativas “que loiten contra a crise demográfica e dinamicen o noso territorio a través de apostas chave como facilitar o emprendemento, o turismo, o deporte, políticas para a mocidade e a continua mellora dos servizos públicos”. 

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------