O Carballiño renderá homenaxe hoxe martes á Guadalupe Díaz profesora do IES Nº1 falecida no accidente de Pontevedra

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A vila do Arenteiro rendirá mañá unha sentida homenaxe a Guadalupe Díaz González, profesora do IES Nº1 e que faleceu accidente do autobús ocurrido o pasado sábado na estrada N-541 ao seu paso pola provincia de Pontevedra. O Concello do Carballiño e tódolos estamentos do centro de ensino convocaron para as 12 do mediodía de mañá unha concentración na Praza Maior na lembranza desta docente.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Guadalupe Díaz, de 44 anos, nai de dous fillos de 8 e 5 anos de idade, era natural de Lugo e residía na localidade pontevedresa de Lalín, e a súa morte causou unha profunda conmoción entre os seus compañeiros e alumnos do Instituto carballiñés.

A profesora era unha dos oito pasaxeiros que viaxaban nun autobús de Monbus, que cubría a liña Lugo-Vigo e que se salíu da estrada e caeu ao río Lérez, no lugar de Pedre, no municipio de Cotobade. Só dúas persoas, o conductor e outra pasaxeira, lograron sobrevivir ao tráxico sinistro.

A directora do IES Nº1, Almudena Mosquera, lembrou á súa compañeira e aidantou a convocatoria de mañá:

O voceiro do goberno municipal do Carballiño, Diego Fernández, tamén convidou ós carballiñeses a acudir a este acto de homenaxe.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------