Máis de 10.000 ourensáns maiores de 80 anos vacínanse fronte á gripe e ca terceira dose fronte á covid esta semana

10.066 ourensáns de mais de 80 anos están chamados esta semana para ser vacinados fronte a Gripe e recibir a terceira dose, de reforzo, da vacina da Covid.

Para facilitar a distribución de vacinas, administraranse nos tres hospitais públicos e en once dos Servizos de Atención Primaria da provincia, entre eles no Carballiño e Ribadavia.

AVANTAR ACTIVIDADES

As persoas con idades comprendidas entre os 70 e 79 anos terán a posibilidade de pedir cita. No caso do reforzo da vacina contra o coronavirus, unha vez transcorran seis meses desde a administración da segunda dose, serán citados directa e progresivamente para recibir a terceira.

As persoas con idades comprendidas entre os 70 e 79 anos terán a posibilidade de pedir cita para seren vacinados polas vías habituais (na páxina ou nas aplicacións do Sergas, no centro de saúde ou chamando por teléfono). No caso do reforzo da vacina contra o coronavirus, unha vez transcorran seis meses desde a administración da segunda dose, serán citados directa e progresivamente para recibir a terceira.

A vacina fronte a gripe está aconsellada (poboación diana) aos maiores de 60 ou máis anos; aos residentes en institucións pechadas de calquera idade; e tamén para aquelas de entre 6 meses e 59 anos de idade, con factores de risco de padecer complicacións derivadas da gripe, mulleres embarazadas – e tamén nos 6 meses seguintes ao parto-, e para os bebés prematuros.A vacina ofertase igualmente a aquelas persoas que poden transmitir a gripe a outras con alto risco de complicacións, así como a aquelas que desenvolven servizos esenciais para a comunidade, ou grupos con exposición laboral e conviventes con persoas de risco.

A Xunta de Galicia ten como obxectivo para esta campaña acadar o 75% de vacinación entre as persoas maiores de 65 anos e entre os traballadores do Servizo Galego de Saúde.

Dacordo co desenvolvemento secuencial da campaña, a semana pasada foron convocados, e poderán facelo ata o 31 de decembro, o persoal dos centros sanitarios públicos e privados, nunha convocatoria que acadou cifras históricas nos primeiros días. Desde este luns, 25 de setembro, vacinaranse ás persoas de 65 ou máis anos, así como ás persoas institucionalizadas de maneira prolongada (residencias de maiores e discapacitados e traballadores destas institucións).

Seguidamente, a partir do 15 de novembro, vacinaranse as persoas de 60 a 64 anos, persoas menores de 60 con patoloxías de risco; embarazadas e puerperio; prematuros de 6 meses a 2 anos; persoal de servizos esenciais; persoal de exposición laboral; e, ademais, o persoal das oficinas de farmacia.A última fase desenvolverase a partir do 29 de novembro, momento a partir do que serán vacinadas o resto da poboación diana así como conviventes de persoas de risco.

Nesta edición empregaranse tres tipos de vacinas antigripais, segundo os diferentes grupos de poboación: A trivalente adxuvada de antíxenos de superficie inactivados ás persoas de 65 ou máis anos; a de alta carga tetravalente ás persoas maiores de 60 anos institucionalizadas en residencias, dado que xera unha resposta inmune máis potente neste grupo de persoas cun maior risco de transmisión e, finalmente, a vacina tetravalente de virus fraccionados e inactivados, cuxa indicación comeza a partir dos 6 meses.