O delegado territorial da Xunta en Ourense Gabriel Alén reúnese co alcalde de San Amaro

  • O novo representante do Goberno autonómico reuniuse co alcalde do concello de San Amaro, Rubén Gómez, co que analizou as principais demandas deste municipio en relación á administración autonómica

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial. Nesta ocasións, reuniuse co alcalde do concello de San Amaro, Rubén Gómez, co que analizou as principais demandas deste municipio en relación á administración autonómica