Compromiso por Galicia pide un pleno extraordinario en Punxín

Imaxe dun pleno no concello de Punxín en decembro de 2019.

Eladio Fernández, coordinador provincial de Compromiso por Galicia e concelleiro en Punxín, presentou no rexistro do Concello unha solicitude de Pleno Extraordinario no que piden someter a debate a que califican de “inexistente xestión municipal do actual goberno bipartito, recalcando que están ausentes “no tempo que levan de mandato”. E, en segundo lugar, a aprobación dun paquete de medidas sociais e económicas para activar Punxín, como a presentación á Xunta da posta en marcha do PXOM, a declaración de zona de especial protección para os paseos do Barbantiño e a ampliación das paradas do bus urbano de Ourense a Punxín.

Eladio Fernández asegura que con estas aprobación poderíase poñer a andar o concello, recalcando a súa boa ubicación na provincia. 

AVANTAR ACTIVIDADES