ABANCA e Afundación asinan un convenio para amosar toda a beleza de «Os nosos océanos» co Concello do Carballiño

Nesta exposición colaboran, con Afundación e ABANCA, o Concello do Carballiño e a Editorial Planeta e conta co comisariado del prestixioso divulgador medioambiental Joaquín Araújo (dobre Premio Nacional de Medio Ambiente)

Afundación e ABANCA asinaron hoxe, co Concello do Carballiño, un convenio para a realización da exposición «Os nosos océanos», desenvolvida en colaboración coa Editorial Planeta e baixo o comisariado de Joaquín Araújo, experto en medio ambiente e reputado ecoloxista. O acto de rúbrica contou coa asistencia do alcalde do Carballiño, Francisco José Fumega Piñeiro; a coordinadora institucional de Afundación de Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano; Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; e Manuel Dacal, concelleiro de Emprego, Industria e Dinamización Turística.

AVANTAR ACTIVIDADES