IV Premio Ágora do Orcellón: Vídeos do Acto

O Instituto de Estudios Carballiñeses celebrou este sábado a entrega do IV Premio Ágora do Orcellón ao arquitecto carballiñés Manuel Gallego Jorreto. O homenaxeado aseguraba pouco antes do comezo “son deste século, son moderno e sen prexuicios, e utilizo os materiais do país”.

Publicidade

O director do Instituto de Estudios Carballiñeses, Avelino Muleiro, presentou ao premiado, que tamén foi nomeado previamente por aclamación da asamblea da entidade como Socio de Honra, como “un dos fillos referentes da historia do Carballiño”.

Óscar Gónfer presentaba un PowerPoint sobre os premiados, os socios de honra e as opinións de arquitectos e diversos profesionais e amigos sobre a figura de Jorreto. A presentación da revista e a “laudatio ” correu a cargo de Xesús Alonso Montero

Durante o acto tamén interviron Rosendo Fernández, Sandra Quintas, Elena Ampudia e Francisco Fumega, que o clausurou.

Vídeo Acto Completo

Vídeo Lectura da Acta a cargo da Secretaria do Instituto Ana Isabel Rodríguez Bernárdez

Dáse a circustancia que é o segundo galardón que recibe en apenas unhas semanas Gallego Jorreto, xa que vén de recibir recentemente o premio nacional de arquitectura, por segunda vez na súa traxectoria profesional.

Vídeo Intervención do Director do Instituto de Estudios Carballiñeses, Avelino Muleiro

O xurado do “Ágora do Orcellón” acordou por unanimidade outorgarlle este recoñecemento “valorando a súa obra arquitectónica en Galicia, a súa profesionalidade como mestre na Escola Superior de Arquitectura da Coruña e o respecto ao medio ambiente nos seus proxectos”.

Vídeo PowerPoint de Óscar Gónfer sobre os premiados

Vídeo Xesús Alonso Montero Laudatio sobre Manuel Gallego Jorreto

Vídeo Manuel Gallego Jorreto

No Carballiño, onde Manuel Gallego Jorreto é o autor do proxecto de rehabilitación da antiga fábrica de papel, ten pendente de iniciarse a tan agardada obra de ampliación e modernización do balneario.

Vídeo Intervención do Alcalde do Carballiño Paco Fumega

Vídeo Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense 

GALERIA DE FOTOS