Manuel Herminio: “Odio no ollar e no falar”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Dende Seixo-Albo

Non sei se o fan pra dar a nota e así saír nos medios, ou se o fan seguindo o mandato dos seus xefes políticos. O certo é que as intervencións desta xente chama e moito a atención. Non argumentan, non falan con normalidade. Pola contra berran e xesticulan facendo que,  coa  súa pregunta,  a institución se alporice e os da súa bancada, como se fosen zombis, aplaudan e peten nos escanos pra quentar máis o panorama. Vamos, todo un circo que desvirtúa a institución   na que debera reinar a palabra argumentada e serena  e mantela  fóra do berro e do chalaneo circense.

Nos tempos que vivimos xa non hai parlamentarios brillantes de oratoria fluída, xente que dicía con educación e moita elegancia cousas serias sen empregar o berro chocalleiro destes representantes actuais que falan igual que se estiveran nunha  taberna onde, reina o discurso esaxerando que sementa tensión social. Ben sei  que, ás veces, hai máis educación nalgunhas tabernas  que nesa institución pública que é o Senado ou o Congreso dos Deputados.  Por desgracia xa  non está o sr. Roca nin Rubalcaba e outros pra falar sen estridencias, sen berros e propoñer cousas serias. Tampouco está o Sr. Esteban e outros que critican ó goberno e reclaman cousas,  pero tamén  fan aportacións sensatas que axudan a construir unha sociedade mellor.

Estamos no tempo dun novo parlamentarismo onde os xestos valen máis cas palabras; estamos nun lugar onde non hai propostas nin se discute  sosegadamente cal é a mellor opción para a xente e o pais. As imaxes que reflicten os medios do que alí acontece, ás veces menten medo. Hai deputados e deputadas que soamente con verlle o xesto da súa faciana xa nos  meten susto no corpo. Caras chea de odio, preguntas e xestos que arrepían. Iso é o que temos hoxe nalgúns parlamentos onde están os que nos teñen quem representar. Hai uns días nesta provincia sen mar, neste Ourense onde todo esta por chegar,  que fomos  noticia a nivel de estado por unha dobre causa. A deputada  do spray  e o da voda de Gomesende. Mirade por onde unha poboación perdida nesta provincia comezou a ser coñecida e ubicada no mapa: Gomesende.  Dúas cuestións: un enlace de comenencia din uns, e outros falan dun espectáculo inpresentabel.  Pois o  da voda tirandose pratos uns ós outros deu moito xogo na prensa. E polo outro, a vehemente Señora Vázquez foi noticia por levar o bote defensivo e ensinalo no Congreso dos Deputados pra facerlle unha pregunta ó sr. Marlasca. Logo, de chamarlle a atención a presidenta,  dixo que estaba baleiro  cando non era verdade.  Sendo un chisco sensatos pudo facer a mesma pregunta sen berrar e sen levar un trebello e exhibilo.

Mais corren tempos onde o desexo de estar  e aparecer nos medios prima por riba da cordura e da educación. A banalización da política é un feito evidente. Deputados e deputadas que levan máis de vinte anos no Congreso e que votaron contra todos os avances sociais, como é o caso desta señora, e que agora queren aparecer como xente seria que  pra logo andar a predicar polas cadeas de televisión que lle son afíns é o que hoxe temos, é o que hoxe vende.  Si, votou contra a suba das pensións e a mellora do soldo base, e ademais nada ten que presentar, pois nada salientabel fixo a prol desta provincia durante tantos mandatos, e  agora  aparece nos medios do estado dando a nota e facéndose a raíña do exabrupto e do esperpento. Pena me dá que Ourense sexa noticia por estas cuestións que avergoñan a milleiros de cidadáns. Vivimos no tempo do insulto, da comedia bufa.

E esa maneira de facer na política estase estendendo a todos os niveis da vida cotián. A esta cidade non lle chega co que acontece nos plenos do Concello desta Auria,  se non que ten que, aparecer unha señora berrando nunha institución publica e tamén o asunto da voda máis esperpéntica que poderíamos maxinar. Hai miradas e facianas que transmiten odio e,  ó velas e escoitalas,  un percibe medo  polo que pode vir. Eu,  a esta xente que fala con tanta vehemencia e que respira odio na mirada, a esas persoas recomendaríalles  que  tomaran algo pra  calmarse e pra que  vexan que a sociedade quere vivir en paz sen escoitar tantas barbaridades e ver tanto teatro bufo que non aporta nada positivo e nos leva ó enfrontamento social.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Manuel Herminio: “Unha esmola prós “chinitos””

Manuel Herminio: “Tempo de berros e insultos”

Manuel Herminio: “O Poder das redes sociais”

Manuel Herminio: “Inimigos ou irmáns?”

Manuel Herminio: “A egolatría e o servilismo”

Manuel Herminio: “Aldama:  un modelo  de que?”

Manuel Herminio: “A mensaxe de León XIV e os riscos da I.A.”

Manuel Herminio: “Unha lección de humanidade”

Manuel Herminio: “A velocidade nas nosas vidas”

A opinión de Manuel Herminio: “Raigame: algo máis que  unha romaría”

A opinión de Manuel Herminio: “A manipulación  das masas”

A opinión de Manuel Herminio: “Hai 50 anos e pico…”

A opinión de Manuel Herminio: “Adeus a Revolución Cubana”

A opinión de Manuel Herminio: “Patriotas de bandeira”

A opinión de Manuel Herminio: “Cuba na encrucillada”

A opinión de Manuel Herminio: “Quixemos cambiar o mundo…”

A opinión de Manuel Herminio: “O mundo ten alzheimer?”

A opinión de Manuel Herminio: “A faciana agochada dos deuses”

A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”

A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”

A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”

Venres negro

Frases  con moita retranca

A lei do péndulo

Seica mentir  non é delito

Non chove auga…

Camiñar na ambigüedade

Agochar o que non gusta da historia

Arredor dos incendios

O rei do mundo

Licenciado pola universidade da vida

A deshumanización da sociedade

Unha parte non é o  todo

Tiranos con facha de demócratas

Españoles decentes

Pode arredarse  música  e cultura da política?

Mover ficha

Falar coas máquinas

Nas mans de ególatras e imperialistas

O mundo ó revés

A guerra como negocio

Soamente unha visión: a  económica

Aumentar o espazo vital

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------