A longa sombra da corrupción

IES CHAMOSO LAMAS

Manuel Herminio Iglesias


Non me gusta falar dos partidos políticos cando andan en crise. E menos tomar posicionamento diante a situación dun grupo co que non teño ningunha afinidade. A política partidaria, necesaria para organizar grupos, facer propostas e plantexar  solucións dos asuntos públicos,   nunca estivo exenta de persoas que, dentro desas organizacións, soamente  buscan  o poder, pois teñen ambicións  sen límite que  van máis alá da defensa e arranxo dos problemas da sociedade á que din representar.

OFERTA DE TRABALLO EN AVIÓN

As denuncias de trato de favor contra a señora Ayuso  poñen de novo no candeleiro a relación entre os que detentan o poder e os seus amigos, achegados e compañeiros de  partido.  O asunto non é nada novo. E os populares  deso saben moito pois hai sentencias  en firme que os condenan por unha maneira de actuar  tramposa e  corrupta.

Mais, o  que nestes días está a acontecer  ven amosar a maneira    de actuar dun amplo sector social, sector  que funciona buscando sempre atallos para obter beneficios particulares. 

Si para  os sectores da esquerda, e do tan denostado progresismo, a corrupción é un cancro que ten unha raigame fonda na nosa sociedade;  para outro sector moi vinculado á dereita non é máis ca unha forma case normal de relacionarse. E por eso non  castiga co voto ó que nós lle chamamos caciquismo e  as corruptelas que del se derivan.

O certo é que a dereita e, en concreto os Populares, neste asunto, cando  falaban de comenzar unha etapa nova, parecen pouco cribles. Pois nunca  dan fuxido desa maneira de actuar que  os persigue e marca en moitos máis lugares que en Madrid.

E xunto con este tema está a politica  errática que levan dende hai un tempo; polo que vense abocados nunha crise que lles  cuestiona moitas cousas. Primeiro, cuestiona o seu centrismo, pois no canto de absterse na reforma laboral e noutros temas sociais  votaron contra o que beneficiará a milleiros de cidadáns. Cuestiona tamén o seu liderazgo, pois en pouco se distinguen da extrema dereita que lle pisa os talóns eletorais. Levan unha política moi  errada falando mal de España no seo das institucións europeas, e así  poderíamos seguir enumerando casos. Mais, coa vitoria raquitica nas eleccións de Castela  León, a crise desatouse  dunha maneira escandalosa.

E no medio desta lea  aparece a sombra do  populismo  político, no  que pesan máis os sentimentos que as posturas reflexivas. Polo que camiñamos cara a bipolarización e as posturas antagónicas no Estado e iso non é bo.

Por último cada día percíbese con mais claridade que, o populismo que  lanza mensaxes curtas e sinxelas e  que maiormente apela ós sentimentos,  é un problema serio que agocha a verdadeira faciana dos que o promoven.  Agocha un programa que non se quere ensinar por ser antisocial e fondamente reaccionario.

En fin, estes días coa crise do PP, estamos a ver a faciana Trumpista  que encarna Ayuso  para  tentar xuntarse  ou coaligarse cos acólitos de Abascal. E nese asunto  fracticida  veremos o que lle pode afectar a Galicia, pois Feijoo tamén está nesa lea e aparece como posible solución transitoria nos populares.  Esperemos acontecementos  que  seguro nos  afectarán  como galegos que somos.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas