O Carballiño descende hoxe o número de casos activos ata os 357, catro menos ca onte

A comarca do Carballiño rexistra 553 contaxios. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, rexistra hoxe 357 casos activos, 4 contaxios menos ca onte, gracias ás altas. Maside sobe tres casos ata os 45. Boborás sobe dous casos ata os 40. San Cristovo de Cea sobe tres casos ata os 31. Punxín sobe un caso ata os 23. San Amaro sobe tres casos ata os 24 casos. O Irixo baixa un caso ata os 12 casos. Piñor mantén 13 contaxios. Beariz mantén os 8 casos.

No Ribeiro, Ribadavia mantén 148 casos activos. Cortegada sobe ós 48 casos activos. Carballeda de Avia baixa ós 27 casos e Leiro sobe ós 25. Arnoia baixa ós 19 casos e Castrelo de Miño baixa ós 16. Cenlle baixa ós 13 e Avión sobe ós 12. Melón mantén 11 casos. Beade mantén dous casos activos.

AVANTAR ACTIVIDADES

A comunidade galega rexistra hoxe 4.720 contaxios, un ritmo de novos positivos que presenta un descenso. O número de casos activos volve a ascender hoxe ata os 73.688. A ocupación das camas dos hospitais redúcese. Do total de pacientes positivos en Galicia, 53 (-1) están en UCI e 549 (-4) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 464 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais volven subir ata os 8.178 casos activos. Os hospitais hoxe presentan 84 (-1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 7 (-1)  na UCI.