Dúas maneiras de actuar na política

Manuel Herminio Iglesias


Participar na vida pública, ou se o prefiren na política,  implica ter  interese polas cuestións da gobernanza e dos asuntos sociais que afectan á sociedade. E, polo tanto, sentir os problemas  colectivos como algo propio, pra logo  buscarlle solucións sempre en beneficio da colectividade. Esto que parece básico non sempre se cumpre, pois algunhas persoas non van á politica precisamente a eso. Van a vivir dela e pouco máis.

AVANTAR ACTIVIDADES

Estes días dúas novas chamáronme a atención, pois afirmo que me fixeron reflexionar e afianzarme na idea de que, non toda a xente que anda nesas leas, ten os mesmos obxectivos.

Vexamos: o xefe dun partido, que goberna dense dempre esta provincia, anuncia que aspira a  que a súa formación siga no poder moitos decénios máis. E lanza unha serie de propostas pra recuncar no posto. A cuestión semella perfecta pois é o candidato único. Mais en todo o decálogo   non se  atopa ningunha medida que fale de obxectivos pra esta provincia que anda polas cola de todos os índices sociais  de Galicia e do Estado. Tampouco vexo unha clarificación do que se fixo ben, ou, como minimo, unha  autocrítica do que se fixo mal e cales serán as medidas estrela no futuro pra sair do maramo e declive social. Mais ben, dase a entender que todo é perfecto e que, o único obxectivo é manterse no poder sen máis. Ou sexa: seguir así moitos anos, o que implica  camiñar fenecendo  sin alviscar un futuro espranzador.

Pola outra banda, a  señora Pontón, anuncia un tempo pra reflexionar sobre o seu futuro político e, intúo que  tamén sobor do camiño que terá que coller a  formación que a día de hoxe lidera. Ela é sabedora de que o BNG, se realmente quere superar ó poder municipal,  ten que evolucionar pra tratar de entrar en eidos onde o voto nacionalista  é moi escaso ou nulo. E tamén de que, a día de hoxe, a formación  ten moitos votos prestados, co que superar o número de escanos será unha tarefa complexa.  Ademais  sabe que a súa formación, e así o dixo non hai moito tempo nun acto a carón da piscina termal das Burgas, precisa estar presente en ámetos sociais onde de momento campan outras formacións  que teñen o monopólio dos votos.

Con todo,  dúas  maneiras  de ver a política e de actúar. Unha, dende a prepotencia e a arrogancia de saber que o posto está seguro. E de que, o que importa, é o poder e o demais é secundario. Pois aspira a que o PP siga gobernando mais decénios. Aínda que sabe que  sempre mandaron nesta provincia.

Outra moito mais sinxela, máis humilde e interesante, pois  está aberta ó  debate é  incluso pode semellarse  á que hai moitos anos fixo  Felipe González no PSOE.  As sociedades mudan e as formas de pensar tamén e, consecuentemente, as solucións nun mundo como o actual tamén. E iso implica ou reformarse ou seguir sendo oposición e apoio necesario  doutras forzas.

En fin, a política, cando se exerce con obxectivos claros e se traballa polo ben común da comunidade, engrandece ás persoas que a practican. Cando  agocha outros intereses, e a cousa  pública queda relegada a outros obxectivos,    pouco se pode esperar pra mellorar a sociedade. E eso é o que teñen que valorar os cidadáns cando sexan  chamados ás urnas. Velaí dúas maneiras  ben distintas de entender  e actuar na defensa da cuestión pública.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas