A pruducción galega “María Solinha” abre este xoves o ciclo de cine na rúa

IES CHAMOSO LAMAS
  • Todas as proxecións desenvolveranse na Praza Maior,  con entrada libre, aforo limitado e cumprindo as medidas de separación e seguridade establecidas polo covid 19. As sesións darán comezo ás 22,30 h.

Este xoves, 23 de xullo, ás 22,30 h., na Praza Maior, dará comezo o ciclo de Cine na Rúa coa película de Ignacio Vilar, María Solinha, que ven de ser premiada no 2020 Taormina Film Fest,en Sicilia, Italia.

A esta proxección lle seguirá a película de animación “La Gallina Turuleca”, dirixida por Victor Monigote e Eduardo Gondell, e na que os humoristas Eva Hache e José Mota poñen voz aos protagonistas. Será o xoves, 27 de xullo.

OZOCOgz Deseño Galego

Na tarceira sesión proxectarase a película francesa “Los Miserables”, dirixida por Ladj Le, e que  conta con numerosos premios, entre eles,  Premio do Xurado do Festival de Cannes, 4 Premios César, Premio Goya á mellor película europea. A proxección será o xoves 6 de agosto.

O ciclo rematará o xoves 13 de agosto, coa película “Joker”. É a película máis premiada do ano 2019, obtendo, entre outros,  2 Premios Oscar: Mejor actor (Joaquin Phoenix) e banda sonora; Globos de Oro: Mellor actor (Phoenix) e música orixinal; Premios BAFTA: Mellor actor (Phoenix), banda sonora e reparto; Festival de Venecia: León de Oro (Mellor película).