As pastelerías do Carballiño preparan centos de roscóns para o día de Reis

Se hai un digno protagonista desta datas é un dos postres máis doces: o roscón de Reis. Despois das comidas e ceas das últimas semanas aínda temos un último oco para desfrutar deste manxar. As pastelerías traballan a toda intensidade para poder ofrecer centos, incluso miles de roscóns nestas datas.

O segredo da Pastelería Royal é unha fórmula que ten 200 anos de tradición de pasteleiro en pasteleiro ata chegar ós nosos días. Aínda que mañá será o día grande de ventas, o propio día de Reis, este doce tamén é moi tradicional da Pascua.

AVANTAR ACTIVIDADES