A Xunta licita as obras de restauración do Camiño Real no acceso á fortaleza de Monterrei

IES CHAMOSO LAMAS

Así llo comunicou esta mañá o delegado territorial da Xunta ao alcalde de Monterrei

  • O delegado territorial informou de que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade vai investir nas obras 640.882 euros, e que terán un prazo máximo de execución de 9 meses
  • Gabriel Alén salientou que as actuacións que se desenvolverán consisten en levantar e volver a colocar o empedrado, procurando unha rasante suficientemente chaira para satisfacer as necesidades do tráfico rodado e de peóns e deste xeito, mellorar as condicións de accesibilidade ao castelo

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá, acompañado do alcalde, José Luís Suárez, a fortaleza de Monterrei para anunciar a licitación das obras de restauración do Camiño Real no acceso ao castelo nas que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade vai investir 640.882 euros, e que terán un prazo máximo de execución de 9 meses.

HIPER MASIDE

O delegado territorial salientou que as actuacións que se desenvolverán consisten en levantar e volver a colocar o empedrado, procurando unha rasante suficientemente chaira para satisfacer as necesidades do tráfico rodado e mellorar as condicións de accesibilidade ao castelo e ao espazo central situado co cumio da acrópole, a carón do pazo dos Conde. O delegado territorial tamén precisou que nesta operación incorporaranse as redes de infraestruturas urbanas, sempre cun alcance parcial ou de pre-instalación, vinculado ao tramo afectado polas obras.

Gabriel Alén explicou que o actual estado do pavimento non permite a circulación e vehículos a motor e mesmo a circulacións e peóns veríase dificultada polo estado de desgaste, irregularidades xeneralizadas no chan, e falta de pezas de cantaría e lousas do pavimento, ou afondamento ou roturas destas.

Deste xeito –precisou Gabriel Alén- “a conservación deste pavimento vai incrementar e reforzar o interese patrimonial do conxunto e reforzar a lectura dos valores culturais nos seus aspectos de autenticidade e integridade”.

Lousados deteriorados e inestables

A actuación prevista vén determinada polo deterioro e afondamento das lousas e o mal estado de conservación desta rúa que dá acceso á Fortaleza e que presenta lousados deteriorados e inestables con afondamentos e afloramentos de rocha que non facilitan nin o seu peonil nin rodado. Sen embargo, o condicionante máis destacado desta restauración está xerado pola necesidade de incorporar na intervención os servizos urbanísticos de canalización e saneamento.

Deste xeito, a programación da intervención contempla a mellora da accesibilidade peonil e rodada ademais da implantación de redes de subministros, polo que vai máis alá dunha restauración física e material para garantir a conservación, autenticidade e integridade do Camiño Real.

Todos os traballos partirán da avaliación do actual estado do pavimento histórico e dun estudo detallado das estruturas existentes que se manterán na intervención ao ter en conta a súa capacidade para evocar e lembrar os métodos de construción do pasado facilitando a comprensión e posta en valor da fortaleza.