Dobre carteleira no Novo Cine de Leiro para esta fin de semana

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Neste caso repiten os dous últimos filmes recén estreados. Por unha banda, “Garfield”, o gato máis famoso da pantalla volve coas súas aventuras. O gato doméstico que odia os luns e amante da lasaña, está a piques de vivir unha aventura no salvaxe mundo exterior. Despois dun reencontro inesperado co seu pai perdido hai tempo, o desaliñado gato vagabundo Vic, Garfield e a súa amiga canina Odie vense obrigados a abandonar as súas vidas perfectas e mimadas uníndose a Vic nun atraco divertido e moi arriscado.

Poderase ver o venres ás 18:00 horas e o sábado e o domingo ás 16:00 horas e ás 18:00 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por outra banda, “+Cuñados”. Esta nova aventura dos cuñados comeza coa aparición dun cadáver xusto no medio da ponte internacional de Tui. Este feito vén do acontecido hai uns días… Chega o Entroido e a familia do Ribeiro prepárase para gozar das festas favoritas de todo bo ourensán. Pasaron dous anos da detención de Alicia Zamora e a súa parella portuguesa. Os cuñados montaron un posto de polbo en Ourense, a forma perfecta de branquear os cartos do motín que lles caeron do ceo (literalmente). A aparición en Ourense de Andreia Nunes (a parella do portugués detido) en busca de vinganza complicará as cousas aos cuñados, meténdoos nunha nova lea que converterá este Entroido nun auténtico baile de máscaras.

Poderase ver o venres, sábado e domingo ás 20:00 horas.