Baltar negase a dar explicacións claras ás preguntas realizadas polo BNG

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Bernardo Varela “esta conducta é un reflexo do que acontece na Deputación, un presidente que conduce como un camicace a institución provincial”

Ourense, 28 de abril de 2023. A ausencia de resposta foi o resultado ante interpelación do voceiro do grupo provincial do BNG na Deputación de Ourense, Bernardo Varela, que coas súas preguntas pretendía esclarecer o feito de que o presidente circulase a 215 km/h, así como saber que é o que acontece co vehículos oficiais da Deputación de Ourense e os uso que lle dá o presidente, neste caso circular a unha velocidade que supón un acto delictivo e que tamén reflexa que é un feito reiterado, pois supón a novena multa deste vehículo, das cales tres son recoñecidas polo propio presidente por ser identificado polas autoridades.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“Esta conducta é un reflexo do que acontece na Deputación, un presidente que conduce como un camicace a institución provincial”

Queda sen esclarecer porque motivo se empregaba un vehículo oficial un domingo, ou se  realmente chegou a Madrid. Un vehículo que debería estar controlado,  un vehículo que  xa sufriu outra sanción por importe de 1500 euros que pagamos entre toda a veciñanza da provincia de Ourense, porque “ninguén” conducía ese vehículo oficial.

Como é posible que un vehículo oficial de presidencia, que só poden conducir tres persoas e o  presidente, sega sen saberse quen o conducía tres anos despois? Preguntas o voceiro nacionalista.

Todo isto tiña moito que ver coa moción que presentaba o BNG que novamente foi rexeitada polo PP, sinala Bernardo Varela.  Unha moción na que pedíamos transparencia para o uso de recursos públicos, os fondos que se reparten entre os concellos da provincia, cun plan unico para a provincia de Ourense, unha provincia que perdeu máis de 30.000 habitantes, máis do 10% da súa poboación desde que os Baltar están a gobernala.

Por iso desde o BNG agardamos que o 28 de maio supoña un punto de inflexión, e supoña un cambio de rumbo na provincia e nesta institución.