Manuel Nogueira, reunese co subdelegado do Goberno

Hoxe martes 12 de novembro o integrante do círculo de Podemos no Carballiño, Manuel Nogueira, ven de ter unha xuntanza co subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso.
En dita reunión o recente candidato ao Senado por En Común Unidas Podemos por Ourense deu traslado de presuntas irregularidades e unha total opacidade á hora de dar información por parte da oficina de catastro e de certos concellos da Provincia de Ourense.
Ano tras ano a veciñanza ve como o seu recibo do IBI se incrementa pese a que concellos como Boborás, San Amaro ou Beariz, entre outros, anuncian que o tipo de gravame está ao mínimo (0,4% en bens inmobles e 0,3% en bens rústicos).
Este incremento na contribución urbana, vense dando en algúns concellos dende o ano 1990 en base a última aprobación da ponencia de valores, e case tódolos anos dende os grupos de goberno de estes concellos teñen solicitado a suba dos coeficientes de actualización, incrementando así o valor catastral das casas e dos diferentes inmobles sen ter motivos para elo.
Isto fai que pese a que concellos como o de Boborás teña xa o IBI urbano ao mínimo, ano tras ano, teñamos que pagar máis no recibo da contribución.
Manuel Nogueira deu traslado ao subdelegado da necesidade de coñecer as motivacións polas que se incrementan os coeficientes de actualización, e da urxencia de estudar as notificacións recibidas pola veciñanza afectada de esta subida e ver que teñen tódolos requisitos que esixe a lei.
Asemade, tamén constatou que existe certa variación, sempre con tendencia á alza, á hora de realizar esas regularizacións de valores catastrais e as múltiples neglixencias cometidas a hora de calcular ditos valores catastrais.
Nos casos e reclamacións feitas, Nogueira di que hai evidentes indicios de deficiencias ou presuntas ilegalidades na aplicación dos coeficientes de actualización nos distintos concellos e na deputación a hora de proceder ao seu cobro.
Dando traslado de todo isto, o propio Manuel Nogueira e o subdelegado do Goberno, Emilio
González, acordaron que unha vez se dea traslado de toda a documentación subdelegación do Goberno en Ourense, esta mesma solicitará información a oficina de catastro e aos distintos concellos para aclarar estas subidas do IBI e as súas motivacións.