A Deputación expropiará dúas parcelas para o novo centro de saúde de Boborás

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou hoxe a concesión de preto de 300.000 euros en axudas para actividades culturais e cooperación con concellos e entidades. Na orde do día destaca a resolución do concurso para a concesión de subvencións destinadas á realización de festivais, ciclos e mostras, achegas que, por un importe total de 60.000 euros, beneficiarán a 27 agrupacións.

Ademais, aprobouse a expropiación de dúas parcelas, con máis de 6.000 metros cadrados de superficie, para a urbanización dos terreos onde se situará o futuro centro de saúde de Boborás,  e compre sinalar ademais a modificación do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do presente exercicio, na entidade local menor de Berán.

AVANTAR ACTIVIDADES


VIDEO SPOT BOBORÁS en BADAL TV