O delegado territorial da Xunta en Ourense Gabriel Alén recibe ao subcampión do mundo en 4×100 metros lisos

IES CHAMOSO LAMAS

O delegado territorial Gabriel Alén trasladoulle as felicitacións e parabéns de toda a sociedade galega polos resultados acadados

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, recibiu esta mañá Martín Fernández. Subcampión do mundo en 4×100 metros lisos e en 4x 400 metros lisos FEDDI. (Federación Española de Deportes para persoas con discapacidade intelectual)

OZOCOgz Deseño Galego

Gabriel Alén trasladoulle as felicitacións e parabéns de toda a sociedade galega polos resultados acadados, e animouno a seguir competindo, “como un exercicio de superación permanente que ven avalado polo esforzo e o traballo deportivo individual e de equipo”, sinalou o delegado territorial, quen engadiu, “ademais da honra e orgullo de levar o nome de Ourense e de Galicia polo mundo enteiro”.