Feijoo e as maiorías absolutas

Manuel Herminio Iglesias


Gobernar cunha  maioría absoluta homoxénea deulle a Feijoo unha aurea de gañador. Ise era o seu  curriculo: acadar tres maiorías absolutas. E nese espello, os líderes  da capital do reino do  PP, viron unha táboa de salvación. Apartaron a Casado e recibiron a Feioo cos brazos abertos. E claro, lévarono pra Madrid pensando que no resto da península vovería a repetir o que acontecera neste noroeste que olla o atlántico. Mais ó ignorar que en todo o Estado as cousas camiñan doutra maneira, pasou o que pasou. E Feijoo, aquil moderado que agochaba a súa faciana de concervador duro; que   presumía de bo xestor, indo contra o sanchismo  pinchou. Pois as maiorías absolutas non se dan con moita frecuencia nesta península na que temos distintas sensibilidades ideolóxicas e formas de ver a política territorial deste noso Estado. Polo que esa visión errada, e tamén que no seu partido hai moitos galos e galiñas que lle sinalaron   o camiño,  levou ó señor dos Peares a ter o primeiro fracaso serio. E a partires dese momento as cousas trocaron e moito. Abrazar, por ter máis poder,  ó franquismo máis recalcitrante pasoulle factura a Alberto. Pois no seu partido hai moito admirador daquela funesta época que hoxe ve con vos ollos o abrazo co Peito de Lobo  que anda a incendiar a rúa Ferraz. E faino sen saber que España non é soamente a capital do reino.  Craso erro de Alberto non amosar a súa personalidade e frear ós nostálxicos que sempre falan e pontifican  vitorias que logo non chegan.

AVANTAR ACTIVIDADES

A dereita sábelle moi mal estar sin exercer o poder. Non soporta estar na oposición e axita moitos resortes incluso ós que son corporativos como é parte da xudicatura. Pois pensa que o mando  lle pertence dende o principio dos tempos. E agora, poñendo por diante o tema da amnistía di que España racha en añicos. E estes patriotas de puseira e bandeira furada pensan que os temas dos que discrepan no territorrial se arranxan a golpe de sancións, e fora do marco da palabra e da política. Mentres, moitos cidadáns,   pensan que  ise asunto  solvéntase  gañandolle ós arredistas nas urnas. Ademais,  tanta manía coa amnsitía como si nesta España nunha houbera unha e moi  grande. Pois hai que lembrar que Adolfo Suarez aprobou unha  no tempo da chamada transición: E nela  deixou libre de cargos a moitos que terían que render contas polo seu pasado de torturadores e outros feitos moito  máis graves.

A palabra en democracia, e o voto libre e segredo  son as mellores armas pra que se impoña a razón e a convivencia. A protesta pacífica sempre debe existir. Mais  resulta grave  que rapaces moi novos aproveiten esta pra berrar que eles son nazis e lanzar moitos berros e insultos moi personalizados.  Polo que eu pregunto: saberán eses rapaces o que foi o nazismo e as atrocidades que cometeu? Saberán como se vivia na porguerra deste pais e en toda a longa  noite de pedra? Seguro que non.  E se oiron algo sempre foi unha visión de parte, interesada. A sociedade actual camiña cara unha polarización que non augura nada positivo. E nesa situación os lideres políticos teñen que ser moi prudentes. E o primeiro que hai que evitar son  as mensaxes de goberno ilexítimo e outras semellantes.  Polo que Feijoo debe fuxir de apoiar ises calificativos e coidarse moito deses compañeiros de viaxe. Pois, si a Sanchez lle van as cousas medianamente ben, e a situación amaina,  o Sr. dos Peares non pisará a Moncloa e axiña o apearán do mando  os populares que hoxe o aplauden. 

Gobernar con maiorías absolutas é moi sinxelo. Facelo compartido o poder é moito máis complexo. E a experiencia de Feijoo sempre foi chegar e bicar o santo. Mais  agora as cousas sonlle moi distintas. Polo que, ou se libera de moitas e tóxicas compañias,  ou non pisará nunca a presidencia de goberno.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas