O puzle ourensán

Manuel Herminio Iglesias


Todo problema, e neste caso político, deixa unha porta aberta  e pode ser unha oportunidade pra, sabendo aproveitar a situación, mellorar e ampliar o espazo electoral  e chegar a  grupos sociais que nunca te votaron.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os grupos políticos que levan anos na oposición, por aquelo de  ter medo a posibles incoherencias e tamén por  considerarse gardadores das esencias ideolóxicas, ás  veces  arrédanse  das situacións de goberno poñendo trabas moi altas, pois pensan que canto máis mal mellor, claro,  ate que eles tomen o poder.

O caso do resultado das eleccións na cidade de Ourense  pode ser un bo exemplo da  diversidade social e de atoparnos nunha situación esperpéntica que precisa unha solución urxente por parte das formacións políticas con representación nesa institución.  E díante un problema  desta magnitude só queda unha postura: remangarse e buscar acordos  que  corten o deterioro dunha institución como pode ser o caso do  Concello e incluso na Deputación. No primeiro caso é porque xa non se pode chegar mais lonxe no desgoberno, e  no disparate; no segundo o  poder exercido durante moitos anos  permite moitas extralimitacións.

Si os tres grupos PP, PSOE e BNG son conscientes de que hai que arredar a Jácome da alcaldía,  o  acordo ten que ser realidade xa. Se o  caso de Ourense enmárcase nunha situación especial, ningún dos tres grupos pode xustificar a súa postura contraria a un acordo de mínimos que ben podía ser algo así: O PP cambia o presidente da deputación por outro membro do seu partido, e no Concello fórmase un goberno de concentración, ou en minoría de dúas forzas políticas, sendo votado  na investidura  polos tres grupos sinalados. Dixen hai uns días,  que a política sempre é a posta en marcha do mal menor. Pois nunha sociedade plural como a nosa é moi dificil atopar unanimidade electoral total.  Polo que,  deixar que se deteriore  unha institución coa idea de que  cando o grupo x  chegue ó poder  é un erro moi  grave.                                       

As eleccións na provincia gañounas un grupo. Pois que goberne neste caso con outra persoa no ente provincial.

Nunha negociación todo o mundo ten que ceder. Mais o que non vale son  os purismos e deixar que se pudra a situación.

Pola configuración da actual corporación, hai quen mellorou  no número de representantes, máis  tamén cabe que medrara en base o que se chama un trasvase de votos do  competidor e próximo no  ideolóxico. Pero  si o grupo que mellorou non é capaz, pola súa cerrazón ideolóxica  de abranguer  e chegar a novos votantes, pouco  se avanza.  Co que si eso acontece e  o seu posicionamento político sigue a ser non remangarse e axudar a saír da situación actual pode que o pague no futuro e mal imos os ourensás.

Ás forzas políticas que viven sempre ancladas na oposición, chega un momento que non son útiles socialmente. E si o medo a rachar ise estatus persiste, nunca chegarán a seren decisorias e menos maioritarias. Serán muletas de outros. Polo que nunca levarán a cabo o seu hipotético e ideal programa.

A situación que hoxe acontece na cidade das Burgas, precisa de  valentía a prol dunha cidadanía que, votando opcións distintas, ganoulle o referendo a Jácome: ganoulle o plebiscito. Lembrade: Jácome contra toda a mafia de partidos.   O  puzle ourensan é unha oportunidade pra deixar atrás un pasado que impide un futuro mellor pra todos. Mais eu atisvo a decepción con escusas varias. E sí non hai pacto a tres, Ourense non irá  a ningures.  


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas