Este sábado ás 18h na Praza da Veracruz do Carballiño representación da obra de teatro: : “UMMM! UNHA COMEDIA MUSICAL PARA CHUPAR OS DEDOS”

Sábado, 3 de abril Ás 18:00 h Na Praza da Veracruz Público: infantil de 3 a 8 e familia

Publicidade

TEATRO INFANTIL. RGTA (Rede Galega de Teatro e Auditorios) COMPAÑÍA: TEATRO AVENTO PRODUCIÓNS OBRA: “UMMM! UNHA COMEDIA MUSICAL PARA CHUPAR OS DEDOS

Teatro Avento Producións nace como compañía profesional en 2013 en Vigo no seo de teatro Avento compañía amador cunha traxectoria chea de premios a nivel nacional.

A través dos seus espectáculos defende que o feito teatral ten que ter un peso específico tanto no ocio dos adultos e pequenos como na formación, aprendizaxe e diverƟmento.

Na actualidade é unha das únicas compañías de Galicia que aposta por o teatro musical en galego, adícase a adaptar contos populares con música orixinal e cun selo caracterísƟco da compañía, non só facendo espectáculos para os máis pequenos se non tamén para os pais.

Títulos como “O Mago de Oz”, “Hansel e Gretel”, “Aladino e a lámpada marabillosa”, ou o “Libro da Selva” son parte destes contos adaptados.

Na actualidade Teatro Avento Producións acaba de ser nomeado a mellor espectáculo nos MARÍA CASARES con UMMM! UNHA COMEDIA MUSICAL PARA CHUPAR OS DEDOS!, espectáculo de autoría propia e que tamén fora considerada a obra máis valorada polo público no primeiro semestre 2019 na programación de Vigocultura. ObƟvo o Premio María Casares ao Mellor Espectáculo InfanƟl, dentro das 10 nominacións na edición de 2020.

A pastelaría de dona Remedios ten cada vez menos clientes porque a súa dependenta, Ana, só sabe facer boliños de crema. Para facer fronte a este problema, Dona Remedios, decide contratar un novo axudante capaz de aportar novas ideas e facer os doces que a xente está a demandar nestes días. O problema é que , ás veces, esas novas ideas da cociña moderna poden entrar en conflito co bo facer máis clásico de Ana.

Enlace promoción vídeo para redes: hƩps://youtu.be/hS4NMSVi66Y

PUBLICIDADE