Máis de 130 treitos de estradas autonómicas terán máis seguridade, reforzada nas zonas de concentración de accidentes

As obras que se levarán a cabo permitirán unha maior seguridade na estrada.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Por outra parte, para o período 2024-2027 tamén se programan obras en 109 treitos de alto potencial de mellora

O Consello da Xunta deu luz verde á Estratexia de actuación en Treitos de Concentración de Accidentes e Treitos de Alto Potencial de Mellora nas vías autonómicas. Trátase dun proxecto enfocado na seguridade viaria que se executará entre os anos 2024 e 2027 cun investimento que alcanza os 23,5 millóns de euros, que serán cofinanciados nun 60% con Fondos Feder. As actuacións menores comezarán a executarse este ano e as que requiren unha tramitación máis longa prevese que se executen nesta lexislatura.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O obxectivo de poñer en marcha estes proxectos é seguir traballando en prol dunha rde de estradas máis segura, metas fixadas no Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2022-2025. Entre os propósitos que se marcou a administración autonómica está o de “Visión 0”, enfocado a longo prazo en que non haxa vítimas de accidentes de tráfico.

Treitos de Concentración de Accidentes

Algunhas zonas das estradas galegas están consideradas como intervalos nos que se producen máis sinistros. O primeiro paso para reducir esta problemática é identificar estes treitos. Despois, deséñanse actuacións eficaces para melloralos, como reformas de interseccións, calmados de tráfico ou melloras de pasos de peóns. Dentro deste plan, están identificados 21 treitos que se estenden ao longo de 33,7 quilómetros.

Na primeira Estratexia, xa executada pola Xunta, interveuse en 52 “puntos negros”, reformando 119 interseccións, construíndo 24 novas rotondas e mellorando 138 pasos de peóns, reducindo así nun 60% a sinistralidade nestas zonas.

Nalgunhas vías será necesaria a mellora de sinalización e iluminación.

Treitos con alto potencial de mellora

Algunhas vías non presentan unha situación tan extrema en canto a actuación. Pero aínda así, precisan melloras. Estamos falando 109 treitos que abranguen 480,41 quilómetros de vías.

As actuacións que se levarán a cabo neste caso serán a eliminación de obstáculos co fin de que cando un condutor cometa un erro ao volante, teña unha segunda oportunidade de volver á calzada, evitando danos maiores. Entre esas obras atópase a mellora do firme, optimización da sinalización e balizamento, mellora dos sistemas de contención, reforzo da iluminación en pasos de peóns, mellora do trazado e interseccións ou acondicionamento de marxes.