No marco da cita de Barcelona abordáronse diferentes aspectos da próxima Mobile Week e proxectos de conectividade no ámbito rural
A Mobile Week Ourense 2022 continúa dando pasos cara adiante. Despois da celebración en Ourense da xornada de lanzamento desta nova edición, liderada polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e o CEO da Mobile World Capital Barcelona, Carlos Grau -coa presenza de actores sociais referenciais da provincia como a UVigo, a Cruz Vermella ou a CEO- esta semana produciuse un novo encontro de traballo no marco do Mobile World Congress, en Barcelona. Nel, o director da área de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Fernando Suárez, puxo en común diversos aspectos da próxima Mobile Week Ourense 2022 con Carlos Grau e Eduard Martín -CIO da Mobile World Capital Barcelona-, así coma coa directora de Digital Future Society, Cristina Colom, e directivas da Mobile Week. Tamén se analizaron proxectos de conectividade no ámbito rural.
A Mobile Week Ourense 2022 celebrarase no mes de novembro por toda a provincia. Na xornada de lanzamento, desenrolada o pasado 31 de xaneiro, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, destacou a importancia da alianza coa Mobile World Capital Barcelona: “Xunto a eles seguimos loitando contra a brecha dixital, visibilizando a provincia coma un referente tecnolóxico”.