Galicia descende os casos activos e reduce a ocupación dos hospitais

A comunidade galega rexistra hoxe 68 contaxios novos, un lixeiro descenso con respecto a onte. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 1.679, unha cifra que descende en máis de medio centenar de casos. Do total de pacientes positivos en Galicia, 15 (+1) están en UCI, 56 (-9) en unidades de hospitalización.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta un estancamento. A provincia rexistra hoxe 9 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais soben en 1 persoa con respecto a onte, ata os 164 casos activos. Nos hospitais hoxe a situación amosa un descenso. Contamos con 4 (-3) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES