O PSOE atribúe a reforma da capela de San Predro de Leiro ós veciños

Publicidade ASPADISI

O PSdeG-PSOE de Leiro critica que o rexedor do municipio, Francisco José Fernández, e o Partido Popular pretendan agora “colgarse medallas” pola restauración da capela de San Pedro, que data do século XVI, cando foi unha iniciativa veciñal a que conseguiu que se levasen a cabo as obras de restauración, que contaron cun orzamento de case 150.000 euros. Os socialistas remarcan que a pesar de que se finalizaron as obras por parte da Xunta, “aínda queda moito por facer” e esíxenlle ao goberno municipal que “se mova” para acadar financiamento para pór solución ao deterioro interior da capela “totalmente abandonado”.

Os socialistas relatan que esta reforma que a Xunta levou a cabo na capela de San Pedro chegou gracias a iniciativa da veciñanza, que fai 6 anos e ante o “calamitoso” estado da mesma, decidiron chamar as portas das administracións para poder levar a cabo a restauración e evitar que a igrexa “caese a pedazos”. Foron dúas mulleres que coñecendo o “sentir do pobo” e ante a negativa das autoridades locais a atender esta petición, decidiron facer elas mesmas a solicitude de rehabilitación ante a dirección xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia. “Chegaron incluso a pedir doazóns para apuntalar o arco central ante o perigo que ocasionaba polo seu deterioro”, apuntan dende o PSdeG-PSOE de Leiro.

HIPER MASIDE

Dende o Grupo Municipal Socialista subliñan que o goberno municipal estivo “ausente” durante os últimos 20 anos e no período no que se levaron a cabo as obras e critican que tras anos de “desidia e deixadez”, pretendan agora “apuntarse o tanto da reforma, cando non lles compete”. “Foi a ilusión e a perseveranza inquebrantables da veciñanza a que permitiu que a reforma exterior da capela de San Pedro foxe unha realidade”, indican os socialistas, que tamén apuntan que “foron os únicos que estiveron en contacto coa obra”.

Para Manuel Rodríguez Vázquez, voceiro dos socialistas de Leiro, compre “entendemento” entre as administración e a veciñanza, xa que tal e como apunta, as veciñas e os veciños “foron o motor da rehabilitación exterior e seguen a loitar porque se proceda a rematar co abandono no interior da capela”. A rehabilitación interior está agora en mans das autoridades locais e provinciais, motivo polo que o concelleiro socialista manifesta que “agardemos non ter que esperar outros 20 anos para que a veciñanza tome de novo as rendas para rematar coa rehabilitación completa da capela de San Pedro”.