A escola municipal de tenis conta con prazas dispoñibles

IES CHAMOSO LAMAS

Aínda quedan prazas dispoñibles na escola municipal de tenis. A esta escola poden acudir nenos e nenas a partir dos 7 anos e ata a maioría de idade. Os adestramentos lévanse a cabo no pavillón do IES Chamoso Lamas e/ou nas pistas do pavillón Paco Chao os martes pola tarde e os sábados pola mañá, para máis información poden chamar ou acudir á area de deportes municipal de luns a venres entre as 9 e as 14h, teléfono 662 199 721