Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.
É moito frecuente ler nos xornais colaboracións nas que se esaxeran inmerecidos méritos atribuidos a determinadas persoas, ou que se relaten feitos históricos que non se corresponden coa realidade.Vou mencionar algúns exemplos.
No libro de Suso de Toro “Camilo Nogueira e outras voces” (1991) no que participei xunto con outras persoas atopei algunhas versións de feitos acontecidos que non se axustan á realidade.
Cando a mediados da década dos setenta comezou o proceso de integración na UPG de “Galicia Socialista” (GS), un grupo político significativo por contar con algunha base obreira, un dos participantes naquelas conversas relata asi un escenario surrealista: “Un día chega Pepiño con dous tipos todos traxeados e preséntaos como avogados do partido, e cumpriron co seu papel. Pero máis tarde, cando fixo falta dixéronnos : “mira que que eu non son da UPG”. Os negociadores da UPG foron mellores que os de Galicia Socialista”(sic). O descrito xa é de seu un despropósito de relato político. Calquera que se achegue a este texto pode pensar que os letrados van vestidos elegantemente para participaren nun acto oficial nunha notaria que daría fé das recíprocas vontades de fusión.
A realidade foi ben distinta; outro informante, lembrando o acontecido, describe un escenario natural: “ A reunión témola nunha praia de Redondela”. Postos a ser máis concretos, apunto eu, habería que dicir que foi na praia de Cabanas, no estreito de Rande, debaixo da ponte da autoestrada. Así que a fantasiosa lembranza na que aparecen dous avogados traxeados é propia dunha alucinada recreación memorialista. En que estaría a pensar o que contou o conto? A saber!. O transcendente, para o caso, é que moitos historiadores no futuro transcribirana como certa cando é un disparate no fondo e na forma.
Outro exemplo. En agosto de 1975 desatouse unha forte represión policial que levou ao exilio portugués á case totalidade da dirección política da UPG. No interior permanecimos dous. Servidor, lembra moi ben como foi detido o día 12, incluído un amago de paseo nunha praia a altas horas da madrugada, e como pasou vinte días despois no cárcere. Obtida a liberdade condicional fun detido outra vez nas portas da prisión e conducido outravolta á comisaria onde permanecin tres días máis sen perder o tempero; aturei o indecible dentro dun chabolo de pequenas dimensións sen respiradeiro que a policía utilzaba para amolecer os detidos, provocándolles ansiedade por abafamento. De min non saeu unha delación; prefería morrer. Xa no xulgado para prestar declaración, e ante o calamitoso aspecto que presentaba, o xuíz Luís Manuel Amador Moreiras, moi escandalizado, díxolle ao meu avogado Nemesio Barxa que fuxise; el, para curarse en saúde, limitariase a ditar unha “orde de busca e captura” co argumento: “de que estando el detenido prestando declaración en mi despacho, abrío la puerta y se fugó”. Aquela orde de busca e captura durou moitos anos. Mais deixaremos o seu relato para outra ocasión.Virginio Fuentes,exgobernador civil de Pontevedra do goberno socialista pode acreditar esta historia.
Cando un diario dixital de orientación nacionalista publicou unha reportaxe sobre aqueles feitos de 1975 silenciaron os feitos coa perversa intención de borrarme da historia.
Na páxina 142 do libro aludido de Suso de Toro, outro informante reclama para si a autoría da colocación da estrela vermella de cinco puntas na franxa azul da bandeira galega, explicándoo así : “Tomeina da República Federal de Iugoslavia. E tamén porque quedaba moi bonita no medio”. A estrela vermella de cinco puntas estivo sempre incorporada no deseño dalgúns logotipos partidarios do galeguismo. Obsérvese,por exemplo, a súa presenza dentro do arco da fouce na insignia do Partido Galeguista. Esta circunstancia histórica bota por terra as intencións mentireiras de alguén cuxa biografía está inzada de reviravoltas políticas e ideolóxicas que o levou a un fin previsible: o suicidio. Vergoña debéralles dar aos que o apoiaron e acompañaron politicamente.
Fun eu, e non ese nefasto personaxe o que decidíu incorporar a estrela vermella de cinco puntos na franxa azul da bandeira galega. Asi foi como se conseguíu a súa divulgación seguindo as miñas instrucións cando tiven poder decisorio para facelo. Nesa altura estabamos preparando a presentación do Consello das Forzas Política Galegas dos que eu fun cualificado estratego, e a alternativa das “·Bases Constitucionais para un Goberno Provisorio Galego”. Beiras ten escrita esta historia nun libro seu. Naquela altura o impostor aludido non tivera protagonismo político ningún.
Todo sexa pola reconstrución da memoria histórica e para garantir o afortalamento da identidade galega no futuro.
* Presidente do Foro E. Peinador.
Outros ártigos de Xosé González
A opinión de Xosé González: “lembrando a Xosé Manuel Rodríguez-Abella”
A opinión de Xosé González: “Premios Bacelos de Prata 2024”
Xosé González: “Vertebrar o país. A lingua nas empresas”
A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”
A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”
A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”
A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “
A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “
A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”
A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”
A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “
A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”
A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”
A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”
A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”
A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”
A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”
Xosé González: “Os montes veciñais en man común “
Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”
Na Limia en Galego, Agora e Sempre
A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”
A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”
A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”
A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”
A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”
A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”
A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”
A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”
A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “
A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”