Maside pasa ó nivel máximo de restricións a partir deste venres

O comité clínico de expertos que asesora á Xunta de Galicia na xestión da crise sanitaria provocada polo coronavirus acordou, na reunión mantida esta tarde, que desde o vindeiro venres rexan as medidas do nivel máximo de restricións nos municipios de Viladevós, Paradela e Maside.

Así mesmo, a asemblea de especialistas determinou o establecemento do nivel alto de restricións noutros sete concellos galegos, nomeadamente, nos termos municipais de Sobrado, Soutomaior, Boborás, A Mezquita, Pontecesures, Neda e Arteixo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Nos restantes municipios da comunidade galega rexerán as medidas fixadas no nivel medio. No referido a outras medidas, éstas perfilaranse mañá nunha reunión encabezada polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e sobre as que informará na posterior rolda de prensa.

O conxunto de medidas acordadas polo comité clínico entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 19 de marzo.