Comunidad Golf presenta esta fin de semana o seu circuito na Ribeira Sacra

Comunidad Golf está presentando o seu circuito dentro do mundo do deporte a nivel nacional, pasando por máis de vinte cidades de tres países diferentes. Un dos lugares polos que pasarán esta fin de semana é por Ourense, en concreto presentando o seu circuito no campo de golf de Augas Santas, na Ribeira Sacra.

Publicidade

Dende a súa organización salienta que o golf é un deporte á alza, sobre todo na situación na que nos atopamos, ó tratarse dunha actividade ó aire libre e seguro e cunha separación suficiente entre os participantes. Consideran, como previsión de futuro, que nos próximos anos moita máis xente se implicará neste deporte. Por este motivo queren dar a coñecer a súa oferta.

Comunidad Golf caracterízase por achegar o mundo do golf a través do seu canal e a través de diversas empresas galegas e lavar o seu nome alá por onde se desprazan.