500 estudantes aprenden a emprender coas principais empresas ca obra Social de ABANCA

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 260521. ENTREGA DE PREMIOS AOS GAÑADORES DE IMAXINA A TUA EMPRESA DO PROGRAMA EMPRESA FAMILIAR NAS AULAS, ORGANIZADO POLA ASOCIACION GALEGA DA EMPRESA FAMILIAR E AFUNDACION,
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Máis de 500 estudantes da ESO, bacharelato e formación profesional (FP) de 15 centros educativos de toda Galicia participan na segunda edición do programa «Empresa familiar nas aulas», unha iniciativa da Asociación Galega da Empresa Familiar e de Afundación, a Obra Social de ABANCA. O programa quere fomentar o emprendemento da mocidade a través de faladoiros con 15 empresarios e empresarias familiares dalgunhas das compañías de propiedade familiar máis relevantes de Galicia. O proxecto inclúe visitas das rapazas e rapaces participantes ás empresas e a participación na II edición do concurso «Imaxina a túa empresa».

«Imaxina a túa empresa»permite ao alumnado desenvolver un traballo de creación dunha nova empresa en Galicia de calquera sector ou actividade económica, na que deben desenvolver a idea, un breve plan de negocio e obxectivos da nova compañía. Na pasada edición foron galardoados un grupo de 4 alumnas e alumnos de 3.º de E.S.O. do centro educativo compostelán San José de Cluny e outro de 6.º de primaria do colexio Eduardo Pondal de Cangas do Morrazo, cun proxecto empresarial de informatización das cidades centrado no transporte e outro de espectáculos, respectivamente.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O obxectivo do programa é reforzar a educación emprendedora e fomentar as vocacións nos escolares, así como potenciar os valores das empresas familiares, que representan o 92,4 % do tecido empresarial de Galicia e dan emprego directo a 371.000 persoas. «Empresa familiar nas aulas» tamén servirá para orientar a mocidade sobre o seu futuro laboral, dando a coñecer as oportunidades que ofrece a FP e o emprendemento como opcións de emprego e autoemprego.

«Estamos diante dun dos proxectos máis motivadores da Asociación Galega da Empresa Familiar, que permite aos nenos e nenas coñecer o funcionamento dunha grande empresa da súa comarca e, a nós, divulgar a cultura do emprendemento» explica Víctor Nogueira, presidente das empresas familiares galegas. «Reforzar o coñecemento académico relacionado coa empresa, espertar a vocación profesional e abrir horizontes laborais, algo fundamental para o futuro do tecido empresarial galego», subliña Nogueira.

Miguel Ángel Escotet, presidente de Afundación, pon de relevo que para «Afundación é un pracer participar no programa “Empresa familiar nas aulas”. É moi gratificante comprobar o bo resultado deste proxecto, que, ademais, reforza a importancia do compromiso, do esforzo e da responsabilidade, valores que subscribimos, tamén, en Afundación. De feito, a nosa entidade impulsa o programa “Educación financeira”, dirixido a escolares e premiado a nivel estatal, precisamente para incidir na relevancia do coñecemento dun ámbito tan determinante nas nosas vidas».

O programa acaba de comezar o 4 de marzo no CPR Manuel Peleteiro de Santiago de Compostela, cunha clase maxistral de Julio Simarro, director comercial de Congalsa. Durante os meses de marzo e abril concéntranse as clases dos empresarios e mais as visitas dos estudantes ás empresas, para logo preparar os traballos de cada grupo que concursará en «Imaxina a túa empresa».

No programa «Empresa familiar nas aulas» deste curso participa o empresariado e a directiva das empresas Altia (A Coruña), Babé y Cía (Vigo), Pérez Rumbao (Ourense), Nogar (Marín), Aresa (Lugo), Aceites Abril (Ourense), Aluminios Cortizo (Padrón), Lodiel (Moaña-Cangas), Terras Gauda (O Rosal), Gadisa-Grupo Tojeiro (Betanzos), Revi (Ourense), Jealsa (Boiro), Congalsa (A Pobra do Caramiñal) e Severiano Servicios Móviles (As Pontes).

A lista de colexios, institutos de ESO e institutos de FP participantes está integrada por, IES Castro da UZ (As Pontes), IES Rafael Puga Ramón (A Coruña), Colexio Divina Pastora (Ourense), SEI San Narciso (Marín), Colexio Divino Maestro e Colexio Maristas de Lugo, Ourense e Vigo, Colexio San José de Cluny (Santiago), IES Rodeira (Cangas), IES A Sangriña (A Guarda), IES Francisco Aguiar (A Coruña), CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Ourense) e CPR Manuel Peleteiro (Santiago). Todos os centros e estudantes participantes contarán cunha guía didáctica que contén unha serie de orientacións e recursos relacionados coa empresa familiar e o emprendemento, así como premios por participar no programa.