Acotío, con Suncita Pérez, do Teatro Agromar

Suncita Pérez e Mª del Carmen Docampo foron as promotoras da primeira asociación de mulleres do rural. A comezos do mes de xullo puxeron en marcha a primeira obra de teatro deste grupo en Sagra. Hoxe Suncita ven a presentarnos a súa segunda presentación.

Ademais destas actividades culturais, o grupo de teatro Agromar incentivou a relación social en Sagra, fomentando a integración destas 14 mulleres logo duns meses de pandemia que afectaron tamén as zonas rurais.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende Teatro Agromar queren amosar o seu agradecemento e colaboración tanto á concelleira de igualdade, Lupe Sobrado, coma á de Medio Rural, Rosa Fuentes. A primeira prestou a súa colaboración cedendo as cadeiras para que os asistentes puidesen ver ambas actuacións sentadas, a megafonía e tamén a cartelería. Pola súa parte, Rosa Fuentes, facilitou a limpeza do campo ubicado fronte á casa social de Sagra.