O concello revisa o alcantarillado para evitar a aparición de ratas

A empresa de desratización que presta  servizo ao concello do Carballiño efectuou estes días unha revisión das alcantarillas do casco urbano para realizar o control das mesmas e proceder á eliminación das ratas.

Esta campaña realízase de xeito regular todos os anos como mínimo durante dous meses, procedendo ao control da proliferación de roedores e á súa eliminación.

AVANTAR ACTIVIDADES