O Partido Popular aprveitou tamén a celebración da primeira feira e mercado do mes de novembro no Carballiño para informar á veciñanza das propostas do seu programa para o Goberno de España con Alberto Núñez Feijóo como presidente.
Na carpa instalada na Praza Maior da vila, o integrante da candidatura popular ao Senado pola provincia de Ourense, José Antonio Cerdeira, que tamén se postulou á alcaldía do Carballiño nas eleccións municipais de 2027, manifestou o seu convencemento de que o PP vai ser un firme representante en Madrid da comarca e da provincia, “cun presidente, Núñez Feijóo que é nativo dos Peares e coñece moi ben O Carballiño e Ourense”.
Cerdeira estivo arroupado polos alcaldes de San Cristovo de Cea e Boborás, José Luis Valladares e Patricia Torres, e representantes doutros concellos da comarca, ademais do rexedor carballiñés en funcións, José Castro-Gil, e compañeiros do seu goberno municipal.













