Reparto de mascarillas nos concellos

OS CONCELLOS ESTÁN A FACER O  REPARTO DE MASCARILLAS ENTRE A POBOACION

O concello de Leiro rematou o reparto de mascarillas a todos os fogares do municipio.

AVANTAR ACTIVIDADES

O concello de Cenlle recibirá mascarillas nos vinderios días para repartir entre vecinos do concello. Mentres non se reciban, os que precisen masacarillas con urxencia deben chamar ao concello para solicitalas.

O concello de boborás mercou tamen mascarillas para repartir entre a veciñanza, a fin de que as poidan utilizar o sair da casa. Protección civil de Boborás encargarase da súa distribución a domicilio.

O alcalde de Maside, José Manuel Iglesias, comunicou que este concello recibiu un total de 1.500 máscaras que xa se están distribuíndo por parte dos responsables municipais entre a poboación.

O concello de San Amaro comprou un lote de máscaras de protección para repartir entre a veciñanza. Segundo indica o alcalde, Rubén Gómez, nesta semana repartiron arredor dunhas 1.000 máscaras, e para a próxima semana seguirán co reparto ata chegar a toda a poboación.

E o concello do Carballiño adquiriu 4.000 mascarillas que se van a repartir mediante buzoneo e a través da policía local que as está distribuíndo a veciños traballadores.

VIDEO