O bono comercio poderá canxearse ata o 28 de febreiro

Dende o Centro Comercial Aberto e o concello do Carballiño, ambas organización promotoras desta iniciativa, anunciaron que o prazo para gastar os 50 euros por tarxeta deste bono, amplíase ata o 28 de febreiro, tendo un mes enteiro máis para realizar as compras no comercio local.

Recordamos que esta campaña iniciouse a finais do mes de decembro ca venda de 2.000 tarxetas e que participan todas as empresas excepto os espazos de gran distribución destinados á alimentación (hipermercados), as estacións de servizo de combustible e as salas de xogo/apostas, facendo un total de preto de 140 locais nos que poder empregalas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os bonos pretenden tamén a sensibilización da poboación máis nova co consumo de proximidade fronte ás grandes superficies e a venda online e ofrece ás empresas participantes a oportunidade de fidelizar a súa clientela.