O “Salón do Vehículo Clásico” supera na calidade dos coches expostos ás edicións anteriores

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Calquera tempo pasado foi mellor, polo menos no que a coches refírese. Iso é o que opinan tanto os 57 expositores como as visitas que durante esta primeira xornada achegáronse a Expourense a gozar dunha viaxe nostálxica no “Salón do Vehículo Clásico” a través dos centos de coches expostos de entre 1930 e 1995. A terceira edición desta cita, que termina xa mañá domingo, volveu a sorprender aos visitantes que mostraron a súa satisfacción ao ver que este evento “vai a máis e mellor” aumentando non só o número de expositores e coches expostos, senón tamén a calidade e singularidade dos mesmos. Tamén chama a atención a variedade na área de venda na que os expositores ofrecen recambios, compoñentes, accesorios, ferramentas, miniaturas, placas, produtos de limpeza e pulido, pintura, fundas, revistas, etc. O salón continúa mañá domingo en horario de 10.00 a 20.00 h.

A Policía Nacional repite unha edición máis cunha exposición dos seus vehículos clásicos aos que nesta ocasión sumáronse outras exposicións cedidas pola Garda Civil (co mítico “Catro Latas” ou o Land Rover, ademais dun 2CV) e as do Ministerio de Defensa do Gobierno de España con varias pezas como un Jeep Willys traídas desde o seu Museo en Torrexón de Ardoz.

No referente a coches singulares destaca a réplica do restaurador Juan Lumbreras do Xaguar D-Type gañador de Le Mans en 1956 (e anos posteriores) ou o Porsche 901 exposto en Clásicos Ourense e que é unha das 82 unidades que se fabricaron en todo o Mundo en 1964 e das poucas que aínda se conservan. Como é habitual, as miradas dos visitantes céntranse tamén o mítico Alpinche de Reverter ou no Porsche Aurora de Nacho Casla.

A paixón polo motor na provincia de Ourense queda patente non só na afección, se non tamén a nivel empresarial. Empresas ourensás como Talleres Marvic, especializadas na restauración de clásicos e de coches de competición, reciben pedidos de toda España e mostran en feira un bo exemplo dos traballos que están a realizar. Tamén se estrea nesta edición a empresa Moventos, especializada no alugueiro de coches clásicos para eventos, sobre todo, vodas.

Este salón posicionouse xa como un gran punto de encontro para os afeccionados aos vehículos clásicos de toda Galicia e tamén do Norte de Portugal e de comunidades como Asturias, Castela e León ou Madrid. Desde a xornada de onte, foron numerosos os visitantes que partiron co seu clásico desde Puebla de Sanabria ou Oviedo e foron narrando a súa viaxe a través das súas redes sociais. O aparcadoiro de clásicos de particulares volveu ser un dos puntos fortes desta primeira edición superando xa hoxe sábado os 200 coches aparcados, cifra que espera repetir ou superar durante a xornada de mañá domingo.

Destaca ademais a presenza dunha vintena de clubs de afeccionados a marcas ou modelos en concreto a nivel nacional (Club Lancia España, Alfa Romeo, American Cars,  Seat 124 ou Mercedes W123) que compartirán espazo con clubs galegos ou portugueses afeccionados unidos por unha marca ou procedencia territorial (Escuadra Ourense, Barreiristas de Galicia, Club Nipón ou as escuadras de Clásicos de Condado-Paradanta; Ribeira Sacra; Arenteiro; Taboadela; O Irixo; Melgaço, Petín,…).

Programa de actividades

Esta terceira edición conta cun completo programa de actividades. Convocouse xa o Segundo Concurso Elegancia que conta con 9coches finalistas e que están expostos no salón. Mañá coñecerase o gañador. Unha das actividades estrela desta edición foi a mesa de debate titulada “Lanuxes pero bravos. Hierro /vs/ Chips. Por que o teu avó confiaba máis no teu coche que ti no teu?” que se celebrou esta tarde coa participación de tres recoñecidos expertos convertidos xa en “Influencers” do coche clásico: Santi Martínez (@documentosdelmotoryoutube), Javito Rivas e Mario Soler.

Houbo ademais conferencias e presentación de efemérides como o 50° aniversario do Seat 131 ou presentacións como a do Roteiro VI, entidade que organiza un roadtrip en clásico pola histórica estrada N-VI entre Madrid e A Coruña. 600 quilómetros con saída no Km.0 da capital española e con Meta no Atlántico na Torre de Hércules que teñen o obxectivo de “insuflar de vida á España baleirada”.

En colaboración coa Concello de Ourense e a empresa ourensá “Xog-on” se ha organizou o 2º Campionato de Simracing de Clásicos que volve contar coa locución do youtuber Mario Soler, unha das grandes referencias no sector. Tamén se celebra a Segunda Competición de Rallye Clásicos de Slot “Cidade de Ourense”. A terceira das competicións na que poden participar os visitantes que desexen facelo é a 2ª Copa para “Lentos en moto” que organiza Expourense en colaboración co Club Agudos de Vespa e Lambreta Clásica de Ourense.

Organizado por Expourense, esta segunda edición do Salón do Vehículo Clásico conta co apoio principal da Deputación Provincial de Ourense á que se sumaron outras entidades que levan meses colaborando estreitamente coa organización para ofrecer aos visitantes un salón sorprendente. Estas entidades son: Escuadra Clásicos de Ourense, Fundación Estanislao Reverter; Concello de Ourense; Xog-on; Proxecta Galicia – Correduría de Seguros; Marvic Sport; Casla Sport; Club Nipón Ourense; Club Agudos de Ourense; Documentos do Motor Youtube; Motomanía Vigo; Autos González; masventana; Autogal BMW, Autocares Rías Baixas e Renfe.