O Concello de Boborás comprácese en convidar a todos os seus veciños e visitantes a gozar do tradicional Concerto de Nadal, que terá lugar o vindeiro sábado ás 19:30 horas no emblemático Pazo da Almuzara.
Este evento contará coa participación especial da Escola de Música de Boborás, quen estará acompañados polo prestixioso Orfeón de Carballiño. Ademais, será unha ocasión moi especial, xa que se presentará en sociedade a Banda de Iniciación, demostrando o talento e a dedicación dos mozos músicos locais.
Como broche final a esta celebración do Nadal organizada pola Escola e o Concello, realizarase o sorteo dunha cesta de Nadal entre os asistentes que peviamente compraron a rifa
Non perdas a oportunidade de gozar dunha velada única chea de música, espírito do Nadal e comunidade. Esperámosvos!