O concello de Beariz recauda máis de 300 quilos de alimento para animais

Nesta liña de acción, ven de facer a doazón de 331kg de alimento para cans e gatos doados por veciños de Beariz á Protectora de Animais do Carballiño. Esta iniciativa cidadá que xurdiu ante o chamado da propia Protectora de Animais a través de Facebook para poder asistir a un número crecente de animais acollidos, tivo resposta en Beariz da man de varios veciños que solicitaron ao concello que canalizase a recollida das doazóns e llelas fixese chegar. Desde o mes de outubro un goteo constante de bolsas de pienso para cans e gatos en diversos formatos foron enchendo o salón de actos do Concello ata acadar a cantidade de 331kgs. O Alcalde fixo entrega dos sacos de alimento ós representantes da Protectora de Animais do Carballiño en nome de tódolos veciños que contribuiron con esta iniciativa solidaria. O Alcalde expresou no nome da corporación a gratitude por esta resposta altruista que reflexa a preocupación dos bearicenses co benestar dos animais.No acto tamén agradeceu a importante laboura que as sociedades protectoras de animais fan polos animais desamparados e en concreto a laboura da (PACA) Protectora de animais do Carballiño.

Publicidade

Outra iniciativa moi importante nestas datas é a de recollida de alimentos para o Banco de alimentos. A través da Agrupación Municipal de Voluntarios de Protección Civil, o Concello de Beariz colabora desde hai anos nesta gran recollida das doazóns que os veciños fan nos establecementos colaboradores ou traendo directamente as súas compras á casa consistorial. En canto se xunte unha cantidade suficiente, realizarase a entrega no Banco de Alimentos coa coordinación da Xefatura Provincial de Protección Civil.A mesma AVPC de Beariz contribúe cada ano cunha cantidade variable dos seus fondos para este fin altruista tan necesario nestas datas.