Galicia suma 696 casos activos novos e 13 falecementos

Nas últimas 24 horas rexistráronse 696  casos activos novos na comunidade galega de SARS-CoV-2, facendo que os datos totais pasen ós 8.363, unha cifra que non se alcanzou na primeira ola de marzo, xa que nunca se superaran os 7.000 casos activos. Hoxe hai 69 (+2) persoas na UCI e 902 (+13) falecementos. O crecemento do coronavirus en Galicia segue disparado.

Publicidade

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras encadea a súa terceira xornada consecutiva de descenso nos casos activos de coronavirus. Segundo a última actualización do Sergas, hoxe hai 1.394 (-13) casos activos. Os contaxios nas últimas horas baixaron ata os 54 novos, a cifra diaria máis baixa das últimas semanas. Hoxe hai unha mala noticia, que é a ocupación da UCI. O número de rexistrados hoxe en camas ocupadas en UCI son 19 (+2), os ingresados en planta descenden a 71 (-10) en toda a provincia.