O goberno local de Ribadavia levará os orzamentos a pleno no mes de febreiro

O comezo do ano é o momento no que os concellos sacan adiante o plan de gasto e inversión para o novo exercicio. No caso de Ribadavia, o goberno local asegura que se manterá a cifra total e que traballan nos diferentes aspectos dese documento dende novembro, aínda que ata o mes de febreiro non será levado a pleno para a súa aprobación. A prioridade do concello será o reforzo de servizos, sobre todo tendo en conta as consecuencias da situación sanitaria.

Neste mes de marxe, o grupo de goberno quere consensuar esta proposta ca oposición. Neste senso, Ribeiro en Común asegura que non hai consenso e que todas as propostas da oposición son aprobadas pero despois non se levan a cabo ou demóranse na súa aplicación perdendo efectividade. A formación pide unha orzamentos que prioricen investimentos sociais con urxencia. Aseguran que o alcalde non convoca a xunta de portavoces tan reclamada pola evolución da pandemia e que tampouco recolle o seu ofrecemento de unidade e cooperación.

AVANTAR ACTIVIDADES